espazo indómito

...aquí nada é froito da casualidade, senón da premeditación... da premeditación sen límites de tolemia, de creatividade, de espontaneidade... premeditado = intencionado... boa viaxe polo espazo indómito... benvido a unha viaxe a ningures...

10/08/2007

Días de amor e virus


Había tempo que non dedicaba verbas ao meu espazo indómito.Pasaron moitas cousas dende o último post.

Os amigos pasaron por Compostela, fixéronme despedir o verán con nostalxia, lembrando os vellos tempos e facéndome entender que todo muda, todo menos as amizades máis verdadeiras. Graciñas por seguir aí aínda que físicamente Barcelona, Valencia, Puertollano ou Madrid vos teñan retidos.

Tamén foi tempo de dúbidas, de reprantexamentos, de análise profunda dos sentimentos... Houbo días de querer romper con todo e marchar e logo outros de resignación e cumprimento de deberes. Sigo a procurar o equilibrio, e co tozuda que son... atopareino.

Unha das partes máis importantes da miña vida leva outra vida dentro dela. Vai ser nai. Vai adquirir todos eses SUPERPODERES que teñen as nais, que lles aparecen de súpeto, coma ese de saber o que lle está a ocorrer aos fillos aínda que estén lonxe e pillarnos en todas as troliñas.Ánimo ruliña, vas a facelo moi ben.

E logo de estar pochiña cun virus estomacal que por momentos sacou o peor de mín (e non me refiro só ás vomitonas), recupereime para ir recibir unha noticia que fai que o futuro me faga ilusión. O pequeno vai casar. Eu xa non creo no matrimonio, nin eclesiástico nin civil (e digo xa, porque de pequena soñaba co día de branco, coma todas as nenas e me vestía con sabas e panos facendo o paripé), mais sei que ese día estarei emocionada porque o vin medrar, o vin convertirse en persoa e escoller con quen quere pasar os seus días e de seguro berrarei: Vivan os noivos!!!

3 Comments:

At 22/10/07 21:22, Anonymous Anónimo said...

Ánimo Indómita..Aí ergueita, facendo honra ao teu nome! Un biquiño moi forte, vémonos!

 
At 12/11/07 09:46, Anonymous Anónimo said...

viva las vegas!!

 
At 19/11/07 11:20, Anonymous Anónimo said...

A ver, ho, que isto leva meses a monte...
vas casar? Vas ter fillos?
En que quedou todo? ;)

 

Publicar un comentario

<< Home