espazo indómito

...aquí nada é froito da casualidade, senón da premeditación... da premeditación sen límites de tolemia, de creatividade, de espontaneidade... premeditado = intencionado... boa viaxe polo espazo indómito... benvido a unha viaxe a ningures...

9/05/2006

Deica pronto

Hai soños que se materializan no momento, chegando a ser por elo menos soños, e outros que se vislumbran ao lonxe e semellan tan complicados de conquerir que se convirten directamente en utopías, abandonando a esfera do posible...
Pois eu crín nunha utopía, unha idea que en canto se cumpliu de tanto crer nela, se tornou de novo soño para deixarme seguir gozando.
Hoxe mirei ao redor, cara todos os donos do mundo e sorrinlles fachendosa porque acababa de acadar unha parceliña. Non se pode dicir que sexa estable, senón que é unha pequena braña, pero ten posibilidades, e por primeira vez, en contra do meu teimudo espírito pesimista, podo dicir que estou ben (malia de estar tomando o peor antibiótico que degustei na vida e que non lle receitaría nin ao meu peor inimigo...).
O venres pasado me despedin duns individuos moi especiais. A paradoxa é que forman un grupo de traballo, mais por separado traballan mellor. Son persoas incribles, cada un me ensinou a valorar actitudes e xeitos de ver o que nos acontece. Dende os devotos do optimismo extremo até os seguidores de Murphy, comparten alí o aire (agora sen fume por lei) e no Marte os cafés e pinchos de tortilla... Habitan un lugar onde os messengers son a boca dos pensamentos e unicamente os risos acompasados delatan aos conversadores, un lugar onde esas mesmas conversas serven para encher "piroleces" que se convirten en pequenos homenaxes cheos de gracias e sutilezas, un lugar onde as presas son costume e se traducen por momentos de complicidade e o estrés frenético en enerxía tauritoniana... ese lugar sen cartel na entrada que é o fogar dos que nel traballan porque pasan alí máis horas que nas súas propias casas... Son, simplemente xeniais e irrepetibles.
Deume mágoa marchar, máis da que moitos imaxinan, porque aínda que me fun porque chegou o meu tren e conseguín a pasaxe con moito sacrificio, vaime a custar facer o día a día soa, sen ese grupo de traballo. Quédolles moi agradecida por todo, por ser parte indispensable na conquista da utopía e a moitos deles por darme algo máis que levarei sempre, a súa amizade.
En débeda estou amigos, cobrádea a prazos que así nos veremos máis.
Apertas e bos desexos a todos. Deica pronto.

2 Comments:

At 7/9/06 11:19, Blogger Lúa Neghra said...

Como te imos botar de menos. Buaaa! Boo!
Bicos e apertas, ghuapa. Aquí seguimos...

 
At 7/10/06 08:25, Anonymous Anónimo said...

Ai! Eu bótoche moito a faltar! Mais foi un bo sinal para ti, e para o teu camiño!

Unha apreta moi forte, e un biquiño para os dous!

 

Publicar un comentario

<< Home