unha de teimas con doble de ketchup
Dende Bouzafría me convidaron a recompilar as miñas teimas... e teño que admitir que resulta complexo de plasmar só en 5 parágrafos as que son, pero aí van:
1. mirar para os pés en canto saio pola porta por temor a un dos meus traumas dende nena... saír da casa en zapatillas.
2. deixar sempre algo no plato ou no fondo do vaso... é horrible, seino, pero par mín case inevitable agás se é chocolate
3. empezar un proxecto nun folio en branco aínda que despois o remate escribindo en calquera sitio, até nunha servilleta de bar.
4. buscar no espello ese pasmoso parecido que din que teño coa miña nai... e non atopo
5. conseguir que sorrían unha vez ao día polo menos todas as persoas do meu contorno
1 Comments:
Unha vez con sete anos fun a unha festa do ateneo ferrolán toda mona e con sapatillas... Encántame a quinta! Hai alguén con quen xa o consigues... Aínda na outra esquina da mesa. :*
Publicar un comentario
<< Home