espazo indómito

...aquí nada é froito da casualidade, senón da premeditación... da premeditación sen límites de tolemia, de creatividade, de espontaneidade... premeditado = intencionado... boa viaxe polo espazo indómito... benvido a unha viaxe a ningures...

1/14/2006

How much is that doggy in the window?

Lilian apuraba os Dunhill sentada na cadeira, co cinceiro cheo de cabichas na mesiña e o cheiro do último misto aínda no ar. O libriño dos crucigramas pousado nos xeonllos e os lentes na punta do nariz.
Eu mirábaa dende o descanso da escaleira, sentada no bordo dun escalón con moqueta floreada. Viume, ergueuse, deixou os lentes na mesa e convidoume a unha taza de té.
Anécdotas de xente que apenas recordo e de outros que non coñecín nos tempos das historias, mais logo protagonizarían a miña vida. Historias de guerra, de fame e de esforzos, relatadas coma se quen as padeceu non se lamentara de que así foran. Intimidades que gocei cada segundo e tesourarei sempre.
11 anos van xa, e o recordo vén coma se fose onte.
Quérote Lilian, deixame ser coma ti. Woof Woof

How much is that doggy in the window
Woof woof
The one with the waggely tail
How much is that doggy in the window
Woof woof
I do hope that doggy's for sale

1 Comments:

At 20/1/06 00:42, Blogger Ian said...

Non sei coma é Lilian, nin alcanzo a comprender as razóns intimas que a fan desexar ser coma Lilian. Sei, con todo, que é díficil que alguén sexa coma vostede, sencillamente porque vostede é unha desas mulleres encantadoramente irrepetíbeis. Moitas grazas por asomarse polas paisaxes comúns e polo galano-retrato... De todo corazón, bicos, beizóns e grazas.

 

Publicar un comentario

<< Home