espazo indómito

...aquí nada é froito da casualidade, senón da premeditación... da premeditación sen límites de tolemia, de creatividade, de espontaneidade... premeditado = intencionado... boa viaxe polo espazo indómito... benvido a unha viaxe a ningures...

12/06/2006

Yesterday

Comeza a conta atrás para voltar á casa. Non o entendo nin eu, as emocións pódenme, as bágoas asoman nas cuncas cada segundo que pasa. Teño medo, mais a ilusión debería abatilo. Non son unhas vacacións, é un reencontro coa illa, cos sentimentos que hai 10 anos tiña alí, coa xente que só me coñecía de cativa, coas pantasmas que xa non a habitan.

Agardo inqueda meterme no gran avión e chegar a Lennon, comer graxentos fish&chips e beber pintas cos que me viron dar o meu primeiro bico e agora me verán feita unha... pequena muller.

Lillian, vasme ver voltar, voltar á túa casa, ás rúas polas que camiñabamos cara ao mercado, ás fiestras polas que vin chover aquel "mellor verán da miña vida". E ti William, verasme rir de novo e remexer nos teus caixóns procurando lambetadas, aínda que xa sei que non as hai. Grazas por todo o que fixéchedes por mín, por facer á miña nai e por deixar que nola levasemos lonxe. Botareivos de menos e seguro que se me fai raro voltar, pero sempre o hei facer buscando máis de todo o que me fixéchedes querer tanto.

Aos que me coñecedes, só dicir que espero atopar o que busco alí, senón saberei que perdín o tempo todos estes anos.