Nena con zapatos novos
A miña vida dende que deixei á tribu non vai moito mellor, fico amarrada en vellos costumes e pensamentos e preciso comezar o novo xeito de acción... preciso un cambio de aires... preciso voltar á patria nai (a miña patria pai é esta para sempre) e coller folgos.
Sen pensalo moito, por 44 euriños collín un billete cara ao ceo, vou respirar por riba das nubes de Santiago para chegar onda Lennon (above us only sky). Son unha nena con zapatos novos e conto coa mellor compaña para voltar ás orixes, un trotamundos apuntouse tamén.
5 Comments:
Cando marchas guapa??? Alédome moito, que tes unha terra nai ben fermosa!!! Pásao moi ben que o tes moi merecido, descansa un pouco, esquécete do traballo e mellórate, moito, moito!!!!
Parabéns. Escritora de Curtis... moitos bicos
Guapa!!! Parabéns por todo, todo, excritora!!!!!
moitas grazas amigos, o de escritora quédame moooooi grande, o certo é que até me fai rir, e eso é o mellor, que nos riamos un pouquiño de nós mesmos
xa só faltan unhas horiñas...
Publicar un comentario
<< Home