espazo indómito

...aquí nada é froito da casualidade, senón da premeditación... da premeditación sen límites de tolemia, de creatividade, de espontaneidade... premeditado = intencionado... boa viaxe polo espazo indómito... benvido a unha viaxe a ningures...

3/29/2007

Herba


Logo do equinoccio de primavera só teño ganas de pisar a herba cos pés descalzos mentres o sol me vai cegando até só ver chiribitas cos ollos entrefechados e distinguir ao lonxe siluetas de descoñecidos. Cada un ten as súas paranoias...