espazo indómito

...aquí nada é froito da casualidade, senón da premeditación... da premeditación sen límites de tolemia, de creatividade, de espontaneidade... premeditado = intencionado... boa viaxe polo espazo indómito... benvido a unha viaxe a ningures...

8/11/2008

Sensacións (II)



Cando un funambulista da vida ten pouco senso do equilibrio ocorre que ás veces, a meirande parte delas, cae. Sempre fun algo desastre na arte de camiñar sobre o arame porque o fixen sen fé, sen seguridade, sen iso que guía á xente pouco temerosa, sen valor. Eu camiñaba fitando cara os meus longos e estreitos pés coas súas longas e estreitas dedas. Pregunteime moitas veces porque ollaba de xeito recorrente, case obsesivo diría eu, o chan que pisaba. E desenvolvín a miña propia teoría; quen mira os seus pasos nunca pisa unha cagada de can. Mais non tardei en abandonar a tese sobre este fito cando me cagou unha pomba no ombreiro. Entón pensei... haberá que ir mirando para arriba e abaixo intermitentemente?

Atopei a resposta ao cumprir 29 anos. É evidente, sinxelo e evidente. Só hai que ollar cara diante, de fronte, sen medo. E os meus pasos fóronse tornando cada vez máis firmes, cada vez máis seguros. Isto sucedeu porque me din de conta de que baixo os meus longos e estreitos pés había unha rede de seguridade. Sempre a houbo, pero non a vira. Tecina dende pequena, parte dela déronma feita (a familia), outra a fun cosendo e remendando cando rompía (os amigos) e a que queda por facer (os soños e as ilusións) a tezo con ganas todos os días.

2 Comments:

At 16/8/08 20:36, Anonymous Anónimo said...

Bonitos pés!´
Esa foto recórdame unha das mellores semanas da miña vida,paseando por Dublín.Gústame o q escribes e como o fas.
Supoño q aínda mirando para arriba e para abaixo ninguén se libra dunha cagadiña de pomba/can de cando en vez.O importante é constriur soños e ilusións tódolos días para aínda neses casos seguir cun sorriso nos beizos,ou cando menos ter intención de voltar sorrir.

 
At 18/8/08 19:31, Blogger Vir said...

Yo entiendo gallego (más o menos) pero de hablarlo una cagá de paloma, como la que te cayó a ti. Así me gusta, que no me entere yo de que vuelves a caminar con inseguridad. A ser feliz, princesa

 

Publicar un comentario

<< Home