Alugase praza de piragua

Venres, 13 de abril, alguén deixou a súa piragua no garaxe da miña memoria. Grande interpretación, orixinal posta en escena, texto fresco e rápido. Gocei unha vez máis no patio de butacas, na primeira fila, asento terceiro, coma se estivese eu tamén dentro do escenario. O detonante das nosas furias escondidas adoitan ser o máis estúpido e quen paga as nosas frustracións sempre é quen menos o merece. Facémolo todos mais non é desculpable.