...aquí nada é froito da casualidade, senón da premeditación... da premeditación sen límites de tolemia, de creatividade, de espontaneidade... premeditado = intencionado... boa viaxe polo espazo indómito... benvido a unha viaxe a ningures...
3/29/2007
Herba
Logo do equinoccio de primavera só teño ganas de pisar a herba cos pés descalzos mentres o sol me vai cegando até só ver chiribitas cos ollos entrefechados e distinguir ao lonxe siluetas de descoñecidos. Cada un ten as súas paranoias...
Indómita... categorizada así polo matemático... porque non era quen de facer bo de mín.
Desprendinme do ventre da inglesa na cidade con máis pantasmas da vella/bella Inglaterra. Son filla da emigración e dos soños dunha vida mellor... mais son unha retornada ao país pai e por elo serei sempre unha morriñenta. Laio por voltar aló e de facelo laiaría por voltar para acó...