espazo indómito

...aquí nada é froito da casualidade, senón da premeditación... da premeditación sen límites de tolemia, de creatividade, de espontaneidade... premeditado = intencionado... boa viaxe polo espazo indómito... benvido a unha viaxe a ningures...

3/15/2006

chegou

esqueceuse, pouco a pouco, desaparecín da súa cabeza e máis lentamente doutras partes do seu ser... a súa teima fíxoo glaciar e as súas augas se estancaron... pouco me quedaba por facer por el, non tiña verbas de alento, xa non as escoitaba, non tiña máis nada que darlle, xa máis nada.

3/07/2006

jack & jackie

Freixós de laranxa cheos de chocolate... Antroido Burton (aterrorizando cativos sen querer), bailando nas rúas de Compostela, vendo sen ser vista. Desexando repetilo unha e mil veces máis.

3/06/2006

a "cuestion" de hai seculos


Amigo Hamlet, pode ser que agora foses así:
Fillo de pais divorciados e arrexuntados de novo.
Con móbil de última xeración, e blog de seu para manifestar a túa rabia, por mor dunha vida chea de caprichos e pouco agarimo.
Os días, con mamá e o causante da separación, no piso "art decó" da capital.
As fins de semana, con papá, montando no "quad" e xogando á "play" no chalé da aldea.
Viaxes de intercambio a países europeos.
Comida rápida e colesterol.
Películas de culto e Dan Brown na mesiña de noite.
Concertos e macrofestas.
Só nas túas angurias (non quererás ter moza), só no teu delirio, até finar, a causa dunha sobredose de cocaína adulterada...
Creo que me estou a pasar pouquiño contigo... despois de todo, tiñas un senso da lealdade e da honra demasiado grandes para rematar así... non sí?
Contextos que acollen aos milleiros de Hamlets do mundo.
Gocei moito da adaptación de Lino Braxe.